Nova acción reivindicativa das entidades culturais da Terra Chá para a recuperación da Torre de Caldaloba

Roteiro, xantar e foliada este sábado, 11 de setembro, en Caldaloba
——–
As entidades culturais da Terra Chá e de concellos lindeiros levarán a cabo unha nova acción reivindicativa para exixir a necesidade urxente de recuperación da torre de Caldaloba ou Vilaxoán, importante ben histórico e patrimonial galego, que se encontra nun estado absoluto de abandono e sen previsión de intervencións que tenten salvala.
As asociacións culturais fan un chamamento para participar nun roteiro circular, de oito quilómetros e de dificultade baixa, que sairá, ás 11 horas, da propia torre de Caldaloba e percorrerá a súa contorna. A camiñada, dinamizada por Orlando Viveiro, estudoso do patrimonio cultural e popular chairego, pasará polas parroquias de Pino (Cospeito) e Xoibán (Vilalba). Logo do roteiro, as persoas participantes, e todas aquelas que se queiran achegar, celebrarán contra as 14 horas e seguindo as medidas sanitarias correspondentes, un xantar (cada persoa terá que traer a súa propia comida) ao pé da propia torre e unha posterior foliada, á que se convida, a quen teña instrumentos, que os traia para facer entre todos os asistentes unha sobremesa festiva e musical.
Todas as persoas que queiran asistir a esta actividade gratuíta e aberta deberán inscribirse enviando un correo electrónico a recuperarcaldaloba@gmail.com
Entidades:
Castiñeiro Milenario (Begonte)
Xotramu (Muimenta)
Asociación Cultural Xermolos (Guitiriz)
Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Instituto de Estudios Chairegos (IESCHA) (Vilalba)
Asociación de Amigos do Castro de Viladonga
Clube Cultural Valle-Inclán (Lugo)
Centro Social Madia Leva (Lugo)
- C. Cultura do País (Lugo)
Asociación veciñal de Cabreiros (Xermade)
- C. Os Vilares. Lareira de Soños (Os Vilares, Guitiriz)
Irmandade Manuel María da Terra Chá
Nova Poesía Guitirica (Guitiriz)
- C. Poeta Avelino Díaz (Meira)
- C. Lugo Patrimonio (Lugo)
Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde
A.C. PolKA (Pol)
A.C. e C.S. A Chave das Noces (Montecubeiro-Castroverde)
A.C. Chimchiribote (Pol)
A.C. M de Meira (Meira)
Carballo Vivo (Friol)