Novo revés xudicial do lobby mineiro galego con dúas sentenzas do TSXG sobre as subvencións para enxeñaría social e lavado verde

A Cámara Oficial Mineira e a Asociación Galega de Áridos tentaron impedir xudicialmente o acceso aos expedientes das subvencións que recibiron. A semana que ven a Xunta promove no Gaiás unha “pasarela” dos proxectos mineiros máis destructivos e contaminantes

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia chumbou con dúas novas sentenzas as tentativas da Cámara Oficial Mineira de Galicia e da Asociación Galega de Áridos de impedir o acceso aos expedientes das subvencións outorgadas pola Xunta de Galicia coas que o sector continúa os seus esforzos de propaganda, enxeñaría social e lavado verde.

En 2019, coñecíase que a Xunta outorgara á Cámara Oficial Mineira 130.000 euros para un “plan de comunicación dixital”, a “creación de unidades dedácticas sobre minaría para nenos” a divulgación do “patrimonio mineiro”, ás que se sumaron outros 76.000 euros na convocatoria seguinte. No caso da Asociación Galega de Áridos, as sentenzas pronúncianse sobre a tentativa de impedir o acceso aos expedientes doutra subvención para crear materiais educativos para crear unha imaxe social positiva das explotacións.

Todas estas campañas foron amplamente criticadas non só por asociacións ecoloxistas e veciñas, máis pola propia federación de ANPAs e tamén no Parlamento, que censuraron o uso de fondos públicos para tentar condicionar a posición das escolares ante os sucesivos conflictos sociais e ambientais provocados pola minería.

Desobediencia das sentenzas e falta de transparenciada Xunta

A pesar destas sentenzas e da súa firmeza, a Xunta de Galicia aínda non deu acceso aos expedientes de subvencións. Sorprende aos movementos sociais o grado de obstaculización da Xunta neste caso, unha vez que transcurriron dous anos desde a primeira solicitude de información, dende a Fundación Montescola anúnciase que se levarán os feitos á Fiscalía ante os indicios de criminalidade.

Lonxe de recuar no seu apoio á enxeñaría social e lavado de cara verde, a Xunta leva a un novo nivel os seus esforzos de propaganda colaborando cunha cimeira sobre “Minerais estratéxicos” que organizará no Gaiás a propia Cámara Mineira, e na que compartirán espazo Francisco Conde, vicepresidente segundo de la Xunta de Galicia, e María Coutinho, subdirectora xeral de Recursos Minerais, con representantes de empresas como Cobre San Rafael, promotora do proxecto de mina de cobre de Touro que foi chumbado ao recibir o ano pasado unha declaración de impacto ambiental negativa.

Durante tres días, desfilarán polo evento que terá lugar nas instalacións públicas da Cidade da Cultura, representantes dos proxectos mineiros máis destructivos e contaminantes, e que se veñen denunciando ante as distintas administracións e instancias xudiciais: a mina de Varilongo en Santa Comba, cun proceso penal en curso no que está imputado o ex-director xeral de minas Ángel Bernardo Tahoces; a mina de San Finx, con varios procesos penais, nos que están imputados varios funcionarios e de novo o propio Tahoces; a mina de Touro con  denuncias e sancións por vertidos e drenaxe ácido de mina continuado; ou a mina da Penouta, en Viana do Bolo, con vertidos constantes con metais pesados na Rede Natura 2000.

Un evento pagado con fondos públicos para enaltecemento e publicidade dos proxectos mineiros no camiño de lograr a tan ansiada licenza social que non teñen.

Dende a Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non temos claro que existe outra opción de vida e outra opción de futuro económico sostible, e censuramos que a XUNTA dea carta de natureza a un proxecto fracasado,  ambientalmente inviable como o da mina de Touro coa súa participación neste evento.En todo caso poderá aproveitar o momento para solicitar publicamente a Cobre San Rafael e demáis empresas vinculadas que actualicen o seu plan de restauración.

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.