Novos cursos de formación para desempregados no Centro Municipal de Formación de Oleiros

O 14 de setembro ditouse resolución pola cal se aproban os cursos de formación para o emprego dirixidos a desempregados e que se impartirán no Centro Municipal de Formación “Isaac Díaz Pardo” do Concello de Oleiros

O próximo mes de novembro comezarán os novos cursos de formación para desempregados no CMF Isaac Díaz Pardo do Concello de Oleiros. Os cursos que se van a impartir son os seguintes:

  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institución sociais (468 horas)
  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (628 horas)
  • Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas (658 horas)
  • Comunicación en Lingua Castelá N2 (138 horas)
  • Competencia matemática N2 (138 horas)
  • Comunicación en Lingua Galega N2 (38 horas

Os cursos de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións, Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio e Montaxe e Mantemento de Instalacións Solares Térmicas van a dar comenzo no presente ano 2021 nos meses de novembro e decembro. Os tres cursos de competencias clave (Lingua Castelá, Matemática e Lingua Galega) empezarán a partir do mes de xaneiro do 2022.

Para a impartición de estos cursos a Xunta de Galicia concedeu unha subvención de 185.868,00 € ao Concello de Oleiros.

Para poder participar nos cursos é necesario estar inscrito como demandante de emprego no servizo público de emprego de Galicia.

As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co CMF “Isaac Díaz Pardo” sito no nº 24 da rúa dos Regos, tel. 981610319-981631706 para inscribirse.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.