O BNG de Lugo esixe desculpas públicas a Ramón Carballo “pola actitude mantida na Comisión de Festas”

«Hai que saber cando se está nun organismo municipal e cando se está xogando a partida na barra dun bar», declarou Rubén Arroxo

O portavoz do Grupo Municipal do BNG, Rubén Arroxo, esixiu que o Grupo Municipal do Partido Popular e o seu portavoz, Ramón Carballo, pidan desculpas pola actitude mantida na Comisión de Festas de onte. Rubén Arroxo afirmou que «as formas de actuar de Ramón Carballo non son aceptables para dirixirse a ningunha muller», e esixiu «desculpas públicas por manter estas actitudes e dirixirse deste xeito a unha concelleira nun organsmo municipal«.

Arroxo afirmou que «desde o BNG non toleraremos este tipo de comportamentos en ningún ámbito, e especialmente nas xuntanzas de traballo do Concello de Lugo», e engadiu «hai que saber diferenciar cando se está nun organismo municipal e cando se está xogando a partida na barra dun bar».

O portavoz nacionalista sinalou que «non se poden consentir as faltas de respecto nin as actitudes machistas doutros concelleiros á Corporación da que forman parte», e afirmou que «mentres que desde o BNG traballamos a diario pola eliminación das conductas machistas, o PP continúa a demostrar que só lle interesa a igualdade como un xeito de facer propaganda».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.