O BNG do Incio solicita que se pare o parque eólico A Boibela e a modificación da lei eólica de Galiza

O Bloque Nacionalista Galego no Incio compartiu coa veciñanza da localidade información sobre a posíbel construción dun parque eólico por parte da empresa Green Capital Energy nas parroquias de Trascastro, A Ferrería e San Pedro, o que ten a denominación «A Boibela». Este proxecto atópase actualmente en periodo de consultas no Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para a súa aprobación e posta en marcha.

As nacionalistas iniciarán unha campaña de accións para a paralización deste proxecto até que non exista unha nova lexislación sobre o sector da eólica en Galiza. Ao que tamén, transladarán estas inquedanzas ao goberno municipal para que tome consideración e amose unha posición respecto a instalación desta infraestrutura.

Desde o BNG sinalan que o parque eólico causará un gran impacto medioambiental e con altos costes sociais, económicos e ecolóxicos. De feito, atópase sobre terras cun gran valor paisaxístico e medioambiental amparado por normativas de protección internacionais, como poden ser a protección europea que ampara o transcurso do río Cabe, o espazo Rede Natura 2000 ou a recente denominación de Reserva da Biosfera declarada pola UNESCO.

Os muíños aeroxeneradores que se prevén terán unha altura de 200 metros, o que serán visíbeis desde puntos como Samos ou O Courel. Ao que tamén, ese amplo radio de alcance provocará en moitos dos lugares da contorna da instalación, ruídos superiores aos 50 db. Sons semellantes aos producidos por unha lavadora de forma constante.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.