O BNG lamenta que o mantemento de estradas municipais de Viveiro “só se aplique baixo denuncia pública” (Vídeo)

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, preguntou no pleno do pasado martes 7 de setembro, polas labores de roza que se teñen desenvolto recentemente na parroquia de San Andrés de Boimente, onde se rozaron camiños e pistas forestais de pouco tránsito e pola contra continúase sen rozar e nun estado urxente, a limpeza dos accesos municipais que son os realmente transitados e que forman parte dos accesos ás vivendas

“Segundo se nos ten trasladado”, afirmou Míriam Bermúdez, «tanto o Tenente de Alcaldesa como o Concelleiro de Obras foron informados desta situación mais non deron solución nin explicación algunha», polo que rogamos se informe dos motivos polos que os accesos ás vivendas desta parrquia continúan sen rozar, con tanta maleza que ademais de perigoso impide o paso de dous vehículos.

Hai dous anos propuxemos á alcaldía reservar un 2% do orzamento municipal e o 50% dos fondos do Plan Único da Deputación para o mantemento das estradas municipais, mais María Loureiro votou en contra pois segundo ela, xa tiñan o seu propio plan. «Un Plan ou forma de organizar o mantemendo de estradas que só funciona baixo denuncia pública; xa sexa veciñal, como nesta ocasión por redes sociais, e/ou política, levándoo a pleno como fixemos», afirmou Míriam Bermúdez.

A alcaldesa María Loureiro, con máis presa que compromiso, optou no pleno por non responder as preguntas formuladas pola concelleira do BNG, contestando: «No, no, lo contestamos para el próximo pleno, no, no, porque sino no salimos.» Dous días máis tarde do pleno e despois de meses de abandono, acomoteuse por fin a tan esperada «apertura» de todas as vías de comunicación municipais de Boimente, desbrozándoas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.