O BNG pídelle ao Goberno local un maior financiamento para as escolas municipais infantís

A concelleira do BNG Avia Veira, que este pasado mércores mantivo un encontro con directoras de escolas infantís, pídelle ao Goberno Local un maior financiamento para estes centros de ensino

“As escolas municipais infantís precisan de máis recursos”, explica a concelleira nacionalista, “este é un servizo fundamental para garantir un ensino de calidade de 0 a 3 anos. Xa no debate do regulamento de organización do funcionamento das escolas infantís insistimos na necesidade de estes centros estaren correctamente financiados”.

“Hai que dotar de recursos estas escolas, un servizo básico quer no ámbito educativo quer no que ten a ver coa conciliación das nais e dos pais. As direccións das escolas infantís consideran que hoxe en día non están correctamente calculados os custos deste servizo e nós como BNG asumimos esa necesidade dun maior esforzo económico por parte do Concello para as financiar”, conclúe Veira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.