O BNG reivindica unha circunvalación para acabar cos atoamentos de tráfico na Laxe

Rúas estreitas e exceso de tráfico, con autobuses incluidos, provocan fastío diario a conductores e veciños

O BNG de Culleredo propón a construción dunha estrada de circunvalación que circundaría a Laxe e que conectaría Vilaboa co acceso á Terceira Rolda. A idea xa está recollida no proxecto de PXOM que leva varios anos en tramitación, sen data de aprobación definitiva no horizonte. Sen embargo, o alcalde agora suxeriu a posibilidade de desbotar este documento, o que suporía descartar as solucións proxectadas para problemas evidentes e tan urxentes coma este.

Con todo, a proposta non será debatida no pleno municipal debido á negativa do goberno local de incluilo na orde do día. En contra desta decisión, o BNG vén de presentar un recurso de reposición, xa que non existe razón que o xustifique.

O núcleo da Laxe, na parroquia de Rutis, sofre atascos diarios de tráfico, con autobuses e outros vehículos. Trátase dun lugar con edificacións antigas e rúas estreitas, onde aumentou a circulación exponencialmente en poucos anos debido á apertura da Terceira Rolda de circunvalación da Coruña, cun acceso a pouca distancia, na Zapateira. Só un semáforo regula o sentido do tránsito na parte máis estreita.

O PXOM vixente data de 1987. O novo documento foi aprobado inicialmente en 2013 e leva desde 2018 paralizado debido ás obxeccións da Consellería de Medio Ambiente e do arquitecto municipal. O BNG solicitou volvelo expoñer ao público en varias ocasións, así como respostar as alegacións veciñais. O goberno local sempre alegou que iso dilataría no tempo a súa aprobación, mais finalmente se consumirá ese tempo sen termos solución aos problemas urbanísticos de Culleredo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.