O bus urbano de Lugo será gratuíto mañá, 22 de setembro, Día Europeo sen Coches

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que o bus urbano será gratuíto mañá, 22 de setembro,, debido á celebración do Día Europeo sen Coches. Rubén Arroxo animou ás veciñas e veciños de Lugo a «animarse a deixar o coche na casa e usar as novas liñas de transporte urbano, que melloran as conexións con todos os barrios da cidade».

«Deixando o coche na casa e apostando polo transporte público, a bicicleta ou facendo os  desprazamentos a pé colaboramos para facer de Lugo unha cidade máis limpa e ecolóxica», afirmou Rubén Arroxo, que engadiu «en poucos meses contaremos cunha Mosqueira peonil gañando espazos para as persoas e dando máis importancia á Muralla e á súa humanización».

Co novo modelo de transporte público, 80.000 veciñas e veciños de Lugo contan con conexión directa co HULA, o dobre que os 40.000 do modelo anterior. O CEAO aumenta as conexións coa veciñanza do mesmo xeito, pasando de 40.000 persoas que tiñan bus para a zona industrial co antigo modelo a 70.000 co actual. Mellóranse tamén as conexións do eixo norte-sur, con maior frecuencia de buses e as conexións dos distintos barrios co centro e co HULA.

Día Europeo sen Coches

A celebración do Día sen Coches remóntase ao ano 1994, coas cidades de Reikiavik en Islandia, La Rochelle en Francia e Bath no Reino Unido exercendo como pioneiras desta iniciativa. No ano 1997, Gran Bretaña celebrou a nivel estatal o Día Sen Coches, sendo o primeiro estado en impulsar a celebración desta data. A Comisión Europea declarou no ano 2000 o Día Europeo sen Coches, como data de remate da Semana Europea da Mobilidade, que ten como obxectivo concienciar á poboación do uso do transporte público e dos medios de transporte alternativos, reducindo a dependencia do vehículo privado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.