O Concello de Carnota financia un servizo de madrugadores co Plan Único da Deputación

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, coñeceu o servizo xunto ao alcalde, Juan Manuel Saborido, e a concelleira de Servizos Sociais

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, visitou a primeira hora da mañá de hoxe o Concello de Carnota para coñecer o funcionamento do novo servizo de madrugadores que o municipio activou grazas ao Fondo Social do Plan Único.

Xunto ao alcalde Juan Manuel Saborido e á concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Noceda, Ana Lamas visitou o CEIP de Carnota e inteserouse polas actividades que, desde as 8 da mañá, desenvolven os e as escolares.

“O programa fai que moitas familias de Carnota poidan conciliar a súa vida laboral e familiar, xa que permite deixar aos cativos no colexio entre as 8 e as 9.45 h., hora en que empezan as clases; de modo que os pais e nais podan atender as súas obrigas laborais”, explicou Ana Lamas.

A deputada apuntou que Carnota recibe este ano 541.202 euros do Plan Único, cos que finanaciarán distintas obras e servizos públicos. Máis de 100.000 euros destinaranse a gastos sociais, coma este servizo de madrugadores, que rexistrou unha elevada demanda entre as familias de Carnota.

Lamas explicou que o Fondo Social do Plan Único distribúe este ano 14 millóns de euros entre os concellos da provincia e axuda a financiar servizos de conciliación coma este, máis tamén outros servizos importantes na vida das persoas coma a Axuda no Fogar (SAF) ou axudas para escolarización destindas ás familias en situacións especialmente vulnerables.

Reunión coa Asociación Sociosanitaria Finisterrae

Ana Lamas reuniuse tamén en Carnota co presidente da Asociación Finisterrae, José Fernández, para coñecer as súas actividades no eido sociosanitario, que inclúen apoio psicolóxico e asesoramento xurídico sobre os dereitos dos pacientes da sanidade pública.

A deputada informou á directiva da entidade das liñas de subvencións da área Social da Deputación para apoiar a actividade deste tipo de entidades.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.