O Concello de Dodro celebra o XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2021.

Este certame é un dos máis antigos da nosa lingua, ten por obxecto honrar a memoria do poeta Eusebio Lorenzo Baleirón– natural de Dodro– e contribuír á reafirmación da lírica e cultura galega. Anualmente convoca un número importante de autores/as consagrados/as das nosas letras e de poetas emerxentes.
O premio está dotado con 2.500 euros e o Concello de Dodro comprométese, ademais, a
publicar a obra gañadora dentro do ano 2022, nunha editorial de recoñecido prestixio.
As bases para participar neste certame foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da
Coruña núm. 125, do martes 6 de xullo de 2021 e están dispoñibles para consulta na páxina web municipal: www.dodro.gal. O prazo de presentación das obras candidatas remata o vindeiro 8 de outubro.
Posteriormente daranse a coñecer públicamente as persoas, de recoñecida obxectividade e
competencia no xénero da poesía e na critica literaria, que compoñen o xurado nesta edición. A elección do poemario gañador terá lugar o 6 de novembro e o acto de entrega, oficial, do premio celebrarase o día 11 de decembro, no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.