O DOG publica os beneficiarios das axudas directas aos 415 locais de ocio nocturno

Os propietarios destes establecementos poderán percibir axudas ata un máximo de 35.000 euros segundo a superficie do local, de acordo cos criterios fixados cos representantes do sector e recollidos na Orde de convocatoria de 14 de xuño, pola que se establecían as bases reguladoras de axudas para os establecementos de lecer nocturno de Galicia

Diario Oficial de Galicia publica hoxe os beneficiarios da liña de axudas por 4M€, que xa se empezaron a aboar, destinadas aos establecementos de ocio nocturno para contribuír a minimizar o impacto do seu peche, das que se van beneficiar un total de 415 establecementos.

Así, os propietarios destes establecementos (discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festa, salas de concerto e outros asimilables), percibirán as axudas en función da superficie do local e dos criterios fixados co sector no reparto das mesmas, así como do número de solicitudes recibidas por tramo, desde unha superficie de menos de 100 metros cadrados a máis de 1.000. As axudas xa se empezaron a aboar.

O importe da axuda por solicitude distribúese de xeito lineal dentro de cada tramo segundo a superficie do local, e do número de peticións en cada un dos tramos, tal e como se acordou polos representantes do sector.

As axudas súmanse ao paquete de medidas aprobado en 2020 para paliar tamén os efectos do peche destes establecementos dotado con 4,8 millóns de euros para axudas directas e unha liña de préstamos. Este plan de recuperación contaba con axudas co obxectivo de sufragar os gastos de alugueiro dos locais de ocio nocturno, ademais de apoio para a celebración de concertos e para o mantemento do emprego.

En total, entre o anterior plan aprobado en 2020 e a actual convocatoria de axudas directas, o investimento da Xunta para apoiar ao sector na súa reactivación ascende aos 8,8 millóns de euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.