O “III Encontro MARIDAR Sabor das Mariñas. Dieta Atlántica, Cultura e Paisaxe” chega a Santa Cristina

Os próximos días 23, 24, 25 e 26 de setembro celebrarase en Santa Cristina o “III Encontro MARIDAR Sabor das Mariñas. Dieta Atlántica, Cultura e Paisaxe”. Trátase dun encontro entre produtores do mar e da terra que ademais de ter un carácter festivo e de lecer, contará con diversas actividades de exaltación dos produtos da comarca das Mariñas

A Federación de Asociacións Empresariais de As Mariñas (FAE) coa colaboración da Consellería do Mar organiza para os próximos días 23, 24, 25 e 26 de setembro o III Encontro MARIDAR Sabor das Mariñas en Santa Cristina (Avda. Das Américas) Oleiros.

A terceira edición do proxecto MARIDAR que se celebrará en Oleiros ten por obxecto o encontro de produtores do mar e da terra, con produtos autóctonos que, ademais de ter un carácter festivo e de ocio, contará con diversas actividades que teñen como finalidade a exaltación de todos o relativo á Comarca das Mariñas, en especial ás súas actividades de carácter empresarial.

Entre os obxectivos do encontro sinalaremos os seguintes:

  • Amosar a riqueza dos produtos do mar e da terra das Comarca das Mariñas.
  • Facilitar aos produtores locais o acceso aos mercados máis próximos no perímetro da Comarca das Mariñas.
  • Favorecer a un maior desenvolvemento e fortalecemento das empresas do sector agrícola e marítimo da Comarca das Mariñas.
  • Potenciar o consumo de proximidade, favorecendo así a produtores/as locais.
  • Lograr alianzas colaborativas entre produtores locais.
  • Elaborar un listado de produtos e servizos propios dos concello que formar parte da Comarca das Mariñas merecedores de contar co apelativo de “Sabores das Mariñas”
  • Concienciar á cidadanía da importancia do patrimonio cultural, gastronómico, etnográfico, paisaxístico e mariñeiro existente na Comarca das Mariñas.
  • Dinamizar a economía local, sector pesqueiro e agrícola.
  • Promocionar a investigación, modernización e innovación asociados aos produtos da Comarca das Mariñas.
  • Posta en valor da artesanía local
  • Favorecer o emprego local
  • Conectar e colaborar coa Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, asumindo a importancia da obtención dun selo de calidade ou etiqueta propia para os produtos desta comarca.

O III Encontro MARIDAR: Sabor das Mariñas. Dieta Atlántica, Cultura e Paisaxe contará cos seguintes actos:

  • Acto inaugural
  • Mercado terra/mar.
  • Mesas de traballo, roldas de negocio e reunións entre empresarios.
  • Obradoiros de cociña: xerais e infantís.
  • Actividades lúdico-didácticas no exterior.
  • Conferencias sobre produtos locais e características específicas da comarca das Mariñas.
  • Show cooking
  • Entrega de premios
  • Actividades lúdicas diversas e demostracións de elementos locais.
  • Acto final.

Desde o Concello de Oleiros declaran que “apostamos polo produto de proximidade e a posta en valor e desenvolvemento da economía local así como o respecto e coidado do patrimonio cultural, natural, paisaxístico, etnográfico e gastronómico da Comarca. Neste sentido, emprazamos a toda a veciñanza a coñecer e probar todos os produtos do mar e da terra da Comarca das Mariñas, ademais de gozar das diferentes propostas de ocio para persoas adultas e crianzas que se desenvolverán ao longo destes días na contorna da Praia de Santa Cristina”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.