O San Froilán 2021 contará con máis de 50 grupos e artistas de Lugo

Maite Ferreiro e Rubén Arroxo presentaron os grupos locais que tocarán na gran festa do outono galego

A Concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, e o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, presentaron no día de hoxe aos grupos de Lugo que, segundo indicou, «serán protagonistas nesta edición da gran festa do outono galego». Ferreiro indicou que tocarán «nos grandes escenarios e tamén noutros emprazamentos, como nos distintos pasarrúas a organizar durante a semana. Maite Ferreiro destacou a «variedade de estilos para que estas sexan as festas de todas e todos os lucenses». A edil de Cultura presentou tamén os concertos de Manel e Xisco Feijóo, que terán lugar o martes 12 na Horta do Seminario e o día 5 en Santa María.

Manel chega a Lugo desde Barcelona cos seus temas que mesturan o pop coa música tradicional catalá. Destacan polo seu atractivo directo e as súas cancións sinxelas con letras moi traballadas. Desde o ano 2007 publicaron 5 discos, cos que gañaron distintos premios.

Xisco Feijoo ten experiencia como cantante, bailador, coreógrafo e presentador de televisión. É mestre da ETRAD de Vigo e coordinador da sección de canto da Orquestra Folk SonDeSeu.  Chega ao San Froilán despois de lanzar o seu propio disco, PEIXE, froito dun incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de 30 anos e colaborando en máis de 20 discos e espectáculos de artistas de proxección internacional.

Concertos grupos de Lugo San Froilán 2021

ESCENARIO PRAZA SANTA MARÍA  20:00 H

(concertos principais comezan ás 21:00 h)

DÍA GRUPO
4 WEALMAN
5 NEBRA
6 ABYA YALA
7 HAENSELUS
8 LOS ZORROS
9 BIG MIND
11 GALYRION
12 FILOPHOBICAS

ESCENARIO PRAZA SANTA MARÍA  13:00 H

DÍA GRUPO
5 MR HATAWAY
9 MAN DE SANTO
12 LAGARTO ZULÚ

ESCENARIO PRAZA HORTA DO SEMINARIO  13:00 H

DÍA GRUPO
5 HOLY DAMN
9 PATUK BAND
10 RACHEL AND THE BLUE BATONS
12 BANDA BESTIAL

ESCENARIO PRAZA HORTA DO SEMINARIO  21:00 H

(concertos principais comezan ás 22:00 h)

DÍA GRUPO
4 INFRARROJA
5 CONDUCTO COLOQUIO
8 THE CORPORATION
10 TRINITÁ
11 PROYECTO VALLEY
12 MILESIOS

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.