O Son dos Arrieiros desembarca na Estrada o 29 e 30 de outubro

Novedades Carminha, Bala, Heredeiros da Crus, Agoraphobia, Terbutalina e Señora DJ protagonizan o cartel desta primeira edición

Esta mañá tivo lugar a presentación da primeira edición de ‘O Son dos Arrieiros’ co-organizado por dotbeat! e o Concello da Estrada e que ven situar a localidade dentro do mapa de festivais de Galicia. Á rolda de prensa, asistiron Jacobo Sutil, director da Agadic, José López, alcalde do Concello de Lalín e Patricia Hermida, xerente de dotbeat!.
Nacido baixo o abeiro das axudas para espectáculos musicais dentro da programación do Xacobeo 20-21, o festival caracterízase por contar cun elenco 100% galegopretendendo amosar que é posible formular propostas de éxito en clave territorial. Así mesmo, asina un compromiso firme coa sostibilidade económica da contorna, contando na meirande parte para a súa realización co tecido empresarial estradense.

Serán dous días consecutivos de música nos que os artistas actuarán na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, nun espazo amplo que permitirá a adaptación aos protocolos sanitarios vixentes. Algo máis de 500 persoas sentadas, poderán gozar desta proposta, que da un paso en firme pola aposta na deslocalización temporal dos festivais.

Novedades Carminha, Bala, Agoraphobia, Terbutalina, Señora DJ ou Heredeiros da Crus, que ofrecerán o seu único concerto en formato eléctrico do 2021, pasarán polo escenario do recinto, convertido nunha gran salón de concertos para a ocasión e que contará con servicio de barra e restauración para os asistentes.

Ademáis, o festival contará cunha programación complementaria, gratuita e para todos os públicos, que será desvelada durante os vindeiros días e que completará unha experiencia integral para a última fin de semana de outubro.

Será a partires de mañá venres 24 cando se poderá optar á compra dun dos 100 abonosde lanzamento, a un prezo de 30 euros + gastos, nos que se premiará a confianza cega dos espectadores. O venres día 1 de outubro, desvelarase a distribución por díase abrirase a venda para candasúa xornada a un prezo de 22 euros + gastos. A venda activarase ás 12 da mañá en ataquilla.com.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.