O XX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán chega esta fin de semana

A comunidade teatral galega, dentro do ámbito afeccionado, é unha das maiores do territorio español e a Federación Galega de Teatro Afeccionado, formada hoxe en día por 50 grupos das catro provincias, constituídos por máis de 600 persoas, conforma na actualidade a entidade máis representativa do teatro amador galego, afianzándose ano a ano como axente cultural imprescindible para a creación de novos públicos e a promoción da cultura e a lingua galega

FEGATEA organiza os días 17, 18, 19, 24 e 25 de setembro e os días 1, 2 e 3 de outubro o XX FESTIVAL DE TEATRO AFECCIONADO AGUSTÍN MAGÁN e para celebralo amplia o número de representacións e de espazos onde terán lugar as mesmas.

As representacións terán lugar no Teatro Principal, na Sala Magán do CSC, de Sta. Marta e no Salón Teatro.

Para rematar as actividades desta vixésima edición levarase a cabo o día 3 de outubro a partir das 19.30, no Salón Teatro unha homenaxe ao persoeiro do teatro amador que lle dá nome ao noso Festival de Teatro Afeccionado, don Agustín Magán.

Nesta homenaxe contaremos coa presenza da súa familia, do grupo que formou e dirixiu durante tantos anos, Ditea así como de distintas persoas representantes das administracións que nos veñen apoiando na traxectoria da Fegatea e do Festival nestas dúas décadas de actividade.

PROGRAMACIÓN

A FEGATEA

Ó longo dos seus 21 anos de historia, a FEGATEA foi ampliando e consolidando un espazo propio para ao teatro afeccionado galego, espazo do que dan fe as diferentes actividades que organiza e outras nas que colabora ou participa.

Por unha banda, procurando a mellora da calidade do teatro amador a través da formación e da celebración das Xornadas de Teatro, un foro no que os compoñentes dos grupos teñen a oportunidade de coñecer, afondar, presentar ou debater sobre cuestións que afectan de cheo ó desenvolvemento da cultura teatral e á evolución, innovación e crecemento da propia Federación.

Por outra, estimulando a ampliación, diversificación e mellora dos espazos destinados ó teatro, creando unha programación teatral estable a nivel autonómico mediante a colaboración e a sinatura de convenios con entidades públicas e privadas (Consellería de Educación, gobernos municipais, AGADIC, asociacións sen ánimo de lucro…) e traballando na proxección nacional e internacional do teatro amador galego por medio da colaboración e intercambio con outras entidades nacionais e internacionais. Todo isto a través de actividades xa consolidadas como a Mostra Fegatea Móvete, o Festival Agustín Magán, o Circuíto Galego de Teatro e os festivais organizados ó abeiro da Plataforma Transfronteiriza PLATTA.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.