Os alcaldes de Arbo e As Neves volven a solicitar unha reunión co Ministerio para a Transición Ecolóxica para tratar sobre a liña de alta tensión

Horacio Gil e Xosé Manuel Rodríguez reiteraran novamente ao Director Xeral para que atendan as alegacións presentadas e a demanda dos veciños e veciñas de Arbo e As Neves, que rexeitan o trazado da LAT 400 KV Fontefría- Fronteira Portuguesa

En febreiro de 2020, o alcalde de Arbo, Horacio Gil e o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, mantiñan unha reunión en Madrid co Director General de Calidad y Evaluación Ambiental, Ismael Aznar Cano, o que deron a coñecer o rexeitamento dos dous municipios a todos os trazados que se plantexaron ata ese momento.

Ante a instancia dos dous alcaldes, o Director General consultaría con Red Eléctrica outras opcións a ese tendido tendo en conta a firme oposición das corporacións e os veciños de Arbo e As Neves, a calquera das alternativas de trazado propostas ata o de agora.

De acordo coa última entrevista e pasado un tempo prudencial desde a consulta previa relativa  ao “Estudio de trazado entre os apoios  T-37 e  T-43 da

L/400  kV  Fontefría-Fronteira Portuguesa” elaborado por “RED ELÉCTRICA

DE ESPAÑA, S.A.U.” en  xuño de 2019 e a consulta transfronteiriza do proxecto portugués “Linha Dupla Ponte de Lima –  Fontefría,  Troço  Português, a 400 kV”, os alcaldes de Arbo e de As Neves, diríxense a esa Dirección General, para tratar o estado de tramitación do proxecto da  LAT 400  KV  Fontefría-Fronteira Portuguesa e coñecer a opinión e a posición do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demógrafico sobre o trazado da  LAT 400  KV  Fontefría- Fronteira Portuguesa  e reiterar que atendan as peticións dos veciños e veciñas de Arbo e ás Neves molestos por este proxecto.

Ambos alcaldes a través dos seus representantes políticos, Concello de Arbo (Partido Popular) e o Concello de As Neves (BNG) presentaron propostas ante o Goberno de España para que atendan as alegacións presentadas e a demanda dos veciños e veciñas de Arbo e As Neves, que rexeitan o trazado da Linea de Alta tensión

No caso das Neves, o Diputado do BNG no Congreso, Néstor Rego,  reclamou ao Goberno no mes de xuño deste ano que atenda as alegacións presentadas polas distintas administracións, asociacións e colectivos pola afectación que provocará o proxecto de trazado que propón Red Eléctrica para a  LIE Interconexión Norte con Portugal e paralice a liña de alta tensión nas localidades pontevedresas de As Neves e Arbo.

No caso de Arbo,  o alcalde  arbense reuniuse o pasado 9 de xullo, en Madrid cos deputados, Ana Pastor e Diego Gago, que presentaron pregunta oral na Comisión de Transición Ecológica do Congreso de Deputados para coñecer a posición do  Goberno de España respecto da posición unilateral de Portugal sobre o proxecto de a Lat 400Kw e en especial no referente o seu punto de coñexión con Galicia-España, tendo en conta o rexeitamento da corporación arbense e dos veciños e veciñas a calquera trazado que afecte ao seu territorio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.