Os populares da provincia de Lugo meten a sexta marcha

Co obxectivo prioritario de chegar ao Pazo de San Marcos en 2023, que se pode ver beneficiado polos acontecementos políticos na cidade de Lugo.

Elena Candia, cambiou considerablemente o seu perfil, fuxindo de polémicas institucionais e colocándose nunha maior proxección política e sen fisuras nos seus diferentes papeis, que non son poucos.

Camiño das municipais de 2023, os populares teñen avanzados varios candidatos e candidatas en concellos nos que se atopan na oposición e noutros, a través de sustitucións que son necesarias, pola retirada do actual rexedor ou por outras razóns.  Chama a atención o posicionamento do PP provincial de Lugo, de maneira positiva, en varios eixos. Un deles, a chiscadela continua aos mozos en diferentes puntos da provincia, mentres que o peso do perfil de alcalde rural, ao estilo José Ángel Santos, Alcalde de Friol, ponse cada vez en máis práctica, baixo o modelo de liderado municipal importante con masa social no partido para lograr coa suma a Deputación.

A Xunta pode servir de canteira importante para varios candidatos a Alcaldías, baixo o paraugas de diferentes fórmulas, nalgúns casos con cargos públicos actuais e noutros, con persoas que dirixen diferentes entidades que dependen de San Caetano.  Outros sectores en importante auxe na folla marcada por Candia e o seu equipo, no que terá un papel determinante José Manuel Balseiro como Secretario Xeral, é o asociacionismo coa presenza continua en todo tipo de actos, provincia arriba, provincia abaixo.

Sectores en pleno auxe como a cultura ou o deporte, teñen un rol de interese importante nos populares con entrada directa na universidade e a través de diferentes referencias do sector cultural, algúns deles coñecidos docentes do Campus Lucense.

A outra pata, o deporte, cunha Elena Candia moi participativa en diferentes cuestións e tomando parte de importantes reivindicacións históricas para a provincia, algunhas delas en primeira persoa. Nalgúns foros, comezase a falar das posibilidades de chegada aos populares de persoal de referencia no deporte.

O tecido empresarial chama á porta dos populares e viceversa, nun camiño no que poden aparecer diferentes empresarios para reforzar as posibilidades de chegar á Deputación, con varias opcións en marcha na zona de Fonsagrada e na Terra Chá.  O partido xudicial de Lugo, merece unha mención especial, ao ser o gran eixo de referencia no camiño cara á Deputación. Os concellos de Lugo e Sarria, serán a clave aínda que hai outros que poden sumar en positivo ou restar, deixando sen incidencia o recuperado noutros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.