Os socialistas de Abadín denuncian o estado de abandono no que se atopa o patio do colexio público no inicio do curso escolar

O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz denunciou hoxe o estado de abandono no que se atopa o patio do Colexio Público Aquilino Iglesia Alvariño no inicio do curso escolar

“Nas imaxes que amosamos pode comprobarse como o Concello non fixo absolutamente nada no tocante a limpeza, mantemento ou adecentamenyto deste espazo educativo do centro escolar. Merecen as nenas e nenos de Abadín este desgoberno,  algo tan sinxelo e rutinario como é a limpeza dun espazo publico?”, preguntou o socialista.

Así as cousas emprazan ao Alcalde e aos concelleiros do PP “a que se poñan a traballar sobre cuestións tan importantes como é o inicio do curso escolar e o benestar das nosas nenas e nenos”, dixo. “O patio do noso colexio ten que ser adecentado xa, porque o curso escolar xa comezou pero no goberno de Rancaño parece que aínda non se decataron”, criticou.

“Senón non son capaces de atender aos asuntos ordinarios como é o da limpeza do único colexio público co que conta o Concello, que fan durante toda a xornada, ademais de cobrar o seu salario?”, espetou Díaz. “Señores do PP póñanse a traballar xa, Abadín merece un goberno traballador e comprometido e non asalariados que non fan absolutamente nada”, denunciou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.