PP. “O lume do PSOE está chamuscando a Vilalba”

 O PP de Vilalba lembra  que esta é a 2ª crise importante que atravesa o Partido Socialista deste municipio no seu primeiro mandato. A primeira debeuse a que a rexedora decidiu rachar de xeito unilateral o pacto de goberno con Vilalba Aberta

 Conclúe que “chove sobre mollado”, como así se demostra en que a alcaldesa non fose quen de explicar a renuncia Pavón, nin de concretar tampouco quen ocupará o seu cargo. “Non é un posto calquera. É o tenente de alcalde, é dicir, a persoa que asume as súas funcións cando a rexedora se ten que ausentar”

 Os populares tampouco queren pasar por alto a escenografía elixida polos socialistas para anunciar a renuncia. “A dimisión é libre e voluntaria, pero cando se leva a tanta xente é un síntoma de que  fai da decisión fai dano. Foi un intento de trasladar unha unión que non teñen. Dime do que presumes e direiche do que careces”, advirten

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.