Proposta para unha xestión respectuosa do arboredo urbano de Vigo

Ecoloxistas en Acción Vigo presenta un Manual para a xestión respectuosa do arboredo urbano ante a deficiente xestión realizada polo Concello de Vigo. A organización ecoloxista viguesa entregou un exemplar de dito manual ás concellerías con competencias na xestión e aos representantes das forzas políticas da cidade. Pretenden así que non continúen as tallas arbitrarias e as podas salvaxes tan habituais na cidade de Vigo

As árbores  urbanas constitúen un espazo de conexión coa natureza na cidade. A función do arbolado urbano vai máis alá de facer agradable a paisaxe da cidade, ao transformar o territorio urbano nun lugar máis habitable para as persoas. O arbolado urbano ofrece evidentes beneficios ambientais que van dende a absorción de partículas e elementos químicos contaminantes, pasando por aumentar a biodiversidade urbana, ata a disminución das molestias causadas polo ruido, e en conxunto pódese decir que teñen un papel na mitigación do cambio climático. Pero ademais presenta una grande influencia na saúde mental, mellorando o benestar e a calidade de vida das personas. Compre sinalar que está demostrado que todos estes beneficios só se producen cando o arbolado na cidade é de calidade, cando as árbores están sans, son maduros con copas grandes e un sistema radicular equilibrado.

Nunha sociedade cada vez mais urbanita, cada vez mais afastada da vida rural, das aldeas e que realiza a maior partes das súas actividades cotiás nas urbes, a natureza urbana é esencial. Os espazos verdes urbans son a única oportunidade diaria de contacto dos cidadáns coa natureza, e aportan moitos beneficios ambientais e sociais que son básicos para mellorar a calidade de vida e o benestar dentro das cidade. Está recoñecido a nivel internacional a importancia das árbores nos cascos urbanos das ciudades. Os servicios que dan as árbores son valiosísimos: producen osíxeno, atrapan partículas contaminantes, reducen a contaminación auditiva, controlan a temperatura, protexen do sol e da choiva, propician a biodiversidade, dan sustento e refuxio á fauna urbana e fan a vida mais agradable ás persoas.

As árbores e os parques urbanos contribúen a facer as cidades socioeconómica e ambientalmente máis sostibles. Unha árbore grande pode absorber ata 150 kg de CO2 o ano, polo tanto, son de grande importancia en cidades onde a contaminación é una problemática importante. As árbores poden mellorar a calidade do aire, facendo das cidades lugares máis saúdables para vivir.

Ademais, indican, as árbores grandes son excelentes filtros para contaminantes urbanos e partículas finas. Absorben gases contaminantes como monóxido de carbono, óxidos de nitroxgeno, ozono  e óxidos de xofre. Tamén filtran partículas finas como pó, suciedade ou fume do aire atrapándoos sobre as follas e a cortiza. Estudios científicos demostran que as árbores urbans teñen a capacidade de amortiguar as temperatura extremas entre 2 ºC e 8 ºC. En inverno ofrecen protección térmica e no veran ofrecen sombra e teñen a capacidade de refrescar o aire varios grados respecto a temperatura ambiente. Isto supón aforro enerxéticos de moitos fogares en aire acondicionado, economizando enerxía e contribuindo a reducir a pegada de carbono da cidade.

Ademais as investigacións demostran que vivir cerca de espazos verdes urbanos e ter aceso a eles pode mellorar a saúde física  elemental. Por exemplo, disminuíndo a tensión arterial alta e o estrés. Isto, así mesmo, contribúe ao benestar das comunidades urbanas. Para gozar dos beneficios que ofrecen as árbores na cidade e facer a contorna urbán máis habitable, debemos introducir as súas necesidades na planificación. Se incorporamos as necesidades asociadas ás árbores, estamos a mellorar as condicións de vida dos cidadáns. En lugar de preguntar que podemos plantar nunha rúa cando todo está determinado, primeiro debemos avaliar as condicións do lugar, as funcións que deben cumprirse e como o xestionaremos.

O manual para unha xestión respectuosa do arboredo urbano realizado por Ecoloxistas en Acción pretende presentar un modelo de xestión do arboredo que persiga o cumprimento deses obxectivos e contrapoñer este modelo ao que se veu desenvolvendo na cidade de Vigo durante os últimos anos, coa finalidade de achegar un punto de vista a debater que supoña un avance nunha nova forma de xestionar o arboredo na nosa cidade.

A organización ecoloxista resalta que nunha cidade cunha infraestructura verde ben planificada e manexada vólvese máis resiliente e sostible. Ao longo da súa vida, as árbores poden proporcionar un conxunto de beneficios que supoñen máis valor que a inversión en plantación e coidado.

DESCAGAR MANUAL PARA A XESTIÓN DO ARBOREDO URBANO DE VIGO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.