Reunión entre o coordinador provincial do sector ferroviario de CC.OO e o alcalde de Arbo, Horacio Gil

O sector ferroviario de CCOO mantivo unha reunión co alcalde de Arbo co obxectivo de conformar un plan de necesidades de mobilidade adaptado aos  concellos da marxe da liña ferroviaria do Miño.

Esta iniciativa propon contar co consenso das administracións locais para favorecer a mobilidade das poboacións próximas, a través da converxencia de distintos medios de transporte, para conectar ao ámbito municipal de influencia con Galicia e resto do Estado, así como o veciño Portugal.

Antón Conde, coordinador provincial  do sector ferroviario de CCOO insistiu na necesidade dun deseño de transporte ferroviario que baseándose nunha rede de proximidade favoreza a mobilidade facía Ourense, para enlazar coa liña de Alta Velocidade, e cara a Vigo para enlazar co corredor Atlántico (en ambas as direccións, Norte e Sur).

O alcalde arbense informa que o paso do tren por Arbo, e a situación estratéxica na que estaba situada a estación, permitiu durante moitos anos un desenvolvemento económico para a nosa Vila, polo que temos que considerar o ferrocarril como sistema estratéxico para o desenvolvemento económico e social, que require dunha readaptación de algúns dos seus servizos para que sea unha palanca máis o alcance e crecemento de Arbo” polo que é necesario unha estratexia e propoñer realización necesarias para  a mellora do ferrocarril convencional, ampliaciar as paradas das liñas existentes no Concello de Arbo, co fin de mellorar o servizo ofertado e creación dun servizo de trens de cércania comarcal para vertebrar o territorio de Vigo – Ourense, moción que presentara o grupo politico de goberno para o vindeiro pleno.

Requírense trens de calidade a prezos accesibles e con frecuencias que contemplen a  interopetarividad e o transporte intermodal. CCOO solicitou ao Alcalde de Arbo que se some a esta iniciativa que apunta á calidade do servizo ferroviario e á súa conexión con Europa. “Non podemos perder esta ocasión histórica ao contar cos recursos e medios do Plan Director e outros proxectos que transformarán as infraestruturas ferroviarias na liña do Miño.”

Fotografía de CCOO de Pontevedra

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.