Rubén Arroxo anuncia a renovación integral de Lamas de Prado

«Lamas de Prado é a conexión central dun dos barrios máis importantes da cidade, que conta con máis de 15.000 habitantes»

O Tenente Alcalde e concelleiro responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou a aprobación hoxe da renovación da rúa Lamas de Prado, no Barrio da Milagrosa. «Realizaremos unha intervención que renovará a estética e os servizos públicos desta rúa», explicou Rubén Arroxo, que engadiu «será unha actuación integral que humanizará unha zona importante da cidade».

A área de Mobilidade e Infraestruturas abre o procedemento de licitación cun orzamento de 635.530,36€, e un prazo de execución de 4 meses. Rubén Arroxo explicou que «Lamas de Prado é a conexión central de todo un barrio que conta con máis de 15.000 habitantes», e engadiu «realizaremos unha renovación integral que aumente a accesibilidade e que mellore a súa estética, mellorando a imaxe do barrio e do conxunto da cidade».

A actuación mellorará a seguridade vial da zona. Segundo explicou Rubén Arroxo, «a renovación das beirarrúas permitirá aumentar a accesibilidade ao eliminarse as barreiras arquitectónicas da rúa». Ao mesmo tempo, continuarase avanzando no calmado do tráfico, ao instalarse na zona novos pasos de peóns elevados, ademais de mellorarse a disposición da sinalización vial. O treito fronte á praza do Castiñeiro converterase nunha plataforma única, «gañando espazo peonil sen afectar á mobilidade dos vehícuños», explicou Rubén Arroxo

«Nesta renovación seguiremos avanzando na implantación de alumeado público de baixo consumo», afirmou Rubén Arroxo, que engadiu «a rúa pasará a ter luminarias LED que permitirán mellorar a calidade do alumeado público ao mesmo tempo que se reduce a factura de electricidade que paga o concello, ademais de reducirse as emisións contaminantes». Xunto coa renovación do alumeado, a área de Mobilidade e Infraestruturas avanzará na retirada do cableado das fachadas dos edificios.

Renovarase, ademais, o mobiliario urbano e as zonas verdes da zona e instalarase unha nova marquesiña para a parada do bus urbano, e habilitaranse novos aparcabicis «para continuar a fomentar o uso da bicicleta e do transporte público como medio de transporte alternativo ao vehículo privado», afirmou Rubén Arroxo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.