Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan a peonalización da Mosqueira

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron xunto con persoal técnico municipal a obra de peonalización da Mosqueira, onde viron os avances realizados nos últimos días. Alexandre Penas explicou que «os traballos avanzan a bo ritmo, seguindo a planificación acordada polo Concello de Lugo e a empresa concesionaria desta actuación».

O Tenente Alcalde e o edil de Infraestruturas comprobaron, xunto co persoal técnico, os materiais que se utilizarán na nova pavimentación da rúa. En total, a execución das obras ten un prazo de 8 meses desde o comezo en xuño,, e foi licitado por 588.836€ á empresa Hermanos Pico Yañez. «Unha das liñas de traballo da área de Mobilidade, da que é protagonista a peonalización do tramo da Mosqueira, é retirar progresivamente os vehículos da Muralla, dando así solución ás vibracións que están a converterse nun problema para a estrutura, tal e como advertiu o ICOMOS», lembrou o edil de Infraestruturas.
LUgo,
A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira. Alexandre Penas lembrou que «esta actuación servirá como espello de como se pode humanizar o entorno do monumento máis importante de Lugo coa retirada de vehículos».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.