Rubén Arroxo visitou San Eufrasio, onde se instalou a luminaria da nova rotonda

Na mañá de hoxe instalouse a nova luminaria, o que completa as actuacións previstas na zona

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitou a rotonda de San Eufrasio, onde hoxe se procedeu á montaxe da luminaria central da nova rotonda. Arroxo, que realizou a visita acompañado de técnicos da obra, afirmou que «desde o remate da construcción da rotonda podemos ver a clara mellora na fluidez do tráfico nesta zona, onde se acabou co que era ata o de agora un dos puntos negros máis importantes de Lugo».

Arroxo afirmou que «a construcción desta rotonda é un dos proxectos máis importantes que levamos a cabo desde a área de Mobilidade, dentro dos obxectivos de aumentar a seguridade viaria e garantir unha mellor mobilidade en Lugo». A luminaria instalada utiliza LEDs de baixo consumo, «continuando coa utilización de elementos amables co medio ambiente ao mesmo tempo que se modera a enerxía eléctrica consumida pola rede de alumeado público».

A rotonda eliminou os distintos xiros á esquerda que se tiñan que realizar co modelo anterior, e aumentou a distancia de visibilidade, que co sistema anterior era inferior á distancia do propio cruce, o que en conxunto está a mostrar unha importante mellora para a seguridade viaria da contorna.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.