Un ano máis os clubs de lectura virtual chegan a Oleiros

Unha tempada máis, haberá clubs de lectura virtuais desde as bibliotecas municipais de Oleiros. A xornalista Cecilia Monllor e o persoal das bibliotecas municipais coordinarán esta actividade
Nos clubs de lectura que organiza o Concello de Oleiros realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura. O principal obxectivo é animar a ler, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poida enriquecer os diferentes puntos de vista existentes.
As inscricións abriranse a partir da próxima semana na Biblioteca Central Rialeda e na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz. Poderán realizarase a través dos teléfonos 981 639 511 e 981 626 338, presencialmente nas bibliotecas ou no formulario en liña.