Unha ruta en bicicleta percorrerá Lugo o domingo 19 de setembro na Semana Europea da Mobilidade

A área de Mobilidade do Concello de Lugo colabora con Decathlon e o clube ciclista Quercus para organizar esta actividade enmarcada na Semana Europea da Mobilidade

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, presentou xunto con Carolina Rodríguez, coordinadora de Decathlon en Lugo, a marcha ciclista que promove a área de Mobilidade para o vindeiro domingo 19 de setembro. A actividade está enmarcada na Semana Europea da Mobilidade e pretende «animar á veciñanza a deixar na casa o coche e apostar pola bicicleta como medio de transporte alternativo».

A ruta saira o 19 desde o polígono das Gándaras, e percorrerá a avenida da Coruña, entrará polo Casco Histórico e voltará ás Gándaras para rematar nas instalacións de Decathlon. Poderase participar en bicicleta ou utilizando medios de transporte alternativos como patinetes eléctricos.

A Semana Europea da Mobilidade celébrase anualmente entre o 17 e o 22 de setembro, e ten como obxectivo concienciar á poboación do uso do transporte público e dos medios de transporte alternativos, reducindo a dependencia do vehículo privado. O mércores 22, celébrase o Día Europeo Sen Coches, e a área de Mobilidade fará gratuíto o bus urbano, permitindo que a veciñanza aposte polas novas liñas de transporte público da cidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.