Unha única doazón de órganos pode salvar a vida de ata 7 persoas

A campaña ‘Alcer 7 vidas’ chega á USC para concienciar a comunidade universitaria en materia de hábitos de vida saudable e sobre a necesidade de tomar decisións que poidan garantir a supervivencia dos pacientes que agardan por un transplante

Unha única persoa doadora de órganos pode chegar a salvar ata sete vidas. Baixo esta premisa, a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, desenvolve a campaña de concienciación a prol da doazón ‘Alcer 7 vidas’. Esta iniciativa centrada en accións educativas en centros de ensino ou noutros espazos de encontro da cidadanía, albergou este martes na USC un novo acto para dar visibilidade á importancia de doar. Así, a Biblioteca Concepción Arenal acolleu unha mesa informativa, con persoal técnico e voluntario da entidade, onde o alumnado puido achegarse para recibir información sobre hábitos de vida saudable e sobre a necesidade de tomar decisións que poidan salvar a aquelas persoas que se atopan á espera dun órgano.

Ademais, e como símbolo de agradecemento á poboación, o vicerreitor de Estudantes e Proxección Internacional da USC, Víctor Arce, acompañdo por Milagros Castro, concelleira de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns do Concello de Santiago; e de Alfredo Saborido, vicepresidente da Asociación Alcer Coruña, tomaron parte nun acto de entrega de flores á cidadanía. Tamén foron repartidos máis de 1000 unidades entre dípticos e carteis en todas as facultades de Compostela.

En torno a 300 persoas en Galicia permanecen en listaxe de agarda para recibir un transplante de órganos. En total, realízanse arredor de 130 transplantes ao ano en Santiago de Compostela. Neste senso, Alcer Coruña ten como obxectivo prestar atención psicosocial e mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal e dos seus familiares na provincia. Ademais da atención, asesoramento e intervención con persoas con enfermidade renal, entre os obxectivos da entidade tamén está a sensibilización á cidadanía sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudables.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.