A Coruña, principio e final do Raid Gallaecia-AR World Championship 2021

Boa parte do percorrido pasará pola provincia: o lago das Pontes, as Fragas do Eume, a Reserva da Biosfera Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo, a Costa de Dexo e a cidade da Coruña

A sede do Real Club Náutico da Coruña acolleu a presentación do Raid Gallaecia- AR World  Championship 2021, o Campionato do Mundo de carreiras de aventura, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña e que partirá mañá sábado 2 de outubro desde Monforte de Lemos finalizando, unha semana despois, o sábado 9 de outubro na Coruña.

Blas García, deputado de Promoción Económica da Deputación da Coruña, Juan Ignacio Cordeiro, primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá da Coruña e Pablo López Franco, director de carreira, presentaron o acto acompañados polos representantes das institucións e os patrocinadores que fan posible o Raid  Gallaecia- AR World  Championship 2021, entre eles Cristina Capelán, deputada de Deportes.

Tamén estiveron os capitáns de 6 os 91 equipos participantes: o francés Sébastien Raichon (400 team Naturex), o español Urtzi Iglesias (Torpedo Vidaraid), o sueco Bjørn Rydvall (Orbital AR), o estoniano Silver Eensaar (Estoniana ACE Adventure-A Sportiva), a brasileira Camila Nicolau (BOA Brazil Multisport) e o estadounidense Mark Lattanzi (Strong Machine AR).

Blas García remarcou o compromiso da provincia da Coruña con «esta gran aventura a nivel mundial». O responsable de Promoción Económica recoñeceu que «a Deputación da Coruña tiña que apoiar este evento porque boa parte do percorrido pasará pola nosa provincia: o lago das Pontes, as Fragas do Eume, a Reserva da Biosfera Mariñas coruñesas e Terras  do Mandeo, a Costa de  Dexo e a cidade da Coruña».

Pablo López Franco, que agradeceu o apoio das institucións e patrocinadores, destacou a «enorme satisfacción» que significa «organizar un Campionato do Mundo con sede na nosa cidade». O director de carreira recoñeceu que compartir este fito cos seus veciños «é algo que despois de tres edicións de Series Mundiais estabamos a desexar».

Juan Ignacio Cordeiro resaltou que «non hai mellor reclamo turístico agora mesmo para Galicia e A Coruña que o Raid  Gallaecia- AR World  Championship 2021». O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá engadiu que a Torre de Hércules «alumará o último esprint da carreira» e lembrou aos participantes que «van descubrir unha terra fantástica e que lles vai a recibir cos brazos abertos».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.