A Coruña terá unha conexión directa con París desde Alvedro a partir de decembro

A alcaldesa Inés Rey destaca o traballo do goberno para “conseguir que A Coruña volva a despegar a nivel turístico e económico”

A Coruña estará unida con París de maneira directa por vía aérea durante os próximos meses. Así o anunciou a alcaldesa Inés Rey tras a xuntanza da XGL desta mañá. Deste modo, o aeroporto de Alvedro contará coa súa primeira conexión internacional tras a pandemia.

“Creo que é unha moi boa noticia e un sinal de que estamos a traballar no bo camiño para conseguir que A Coruña volva despegar a nivel turístico e económico”, sinalou Inés Rey na rolda de prensa posterior á XGL. A compañía Vueling, que estrea esta ruta por primeira vez na súa historia, será a encargada de operar esta nova liña en Alvedro con 24 voos.

Esta conexión co aeroporto de París Orly estará dispoñible de decembro a marzo, en concreto os días 18, 23, 27 e 30 de decembro, 3 e 5 de xaneiro, 19, 22 e 26 de febreiro, 1, 5 e 8 de marzo. Os voos estarán á venda a partir de mañá en todas as canles de Vueling.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.