A Deputación de Ourense estudará a posta en marcha dun circuíto de seguridade viaria para escolares

A Deputación de Ourense estudará a posta en marcha dun circuíto de seguridade viaria para escolares, “nun proxecto a medio prazo que a institución provincial podería liderar en colaboración con outras administracións”, declarou hoxe o presidente Manuel Baltar trala reunión que mantivo con Benito Bouzada, delegado en Ourense da asociación galega e da federación estatal de Técnicos en Educación e Seguridade Viaria (Atesugal-Fetevi), que lle explicou os proxectos que neste ámbito pretende desenvolver na provincia. 

Manuel Baltar destacou a traxectoria de Benito Bouzada “marcada por unha ampla experiencia de dúas décadas na divulgación de consellos de seguridade viaria entre os máis novos”, recoñecida a primeiros de setembro coa concesión dunha medalla no apartado de boas prácticas en educación viaria, galardón concedido pola Fundación Smart Baby e a Asociación de Técnicos en Educación e Seguridade Viaria de Andalucía. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.