A deputada do BNG, Olalla Rodil e o consultor, Xosé Manuel Golpe, falarán sobre enerxía eólica e espolio eléctrico en Meira

O Bloque Nacionalista Galego organiza un acto público este xoves ás 21 horas na Casa da Cultura de Meira sobre o espolio enerxético que está a sufrir Galiza e a proliferación de proxectos de  novos parques eólicos por todo o territorio galego.

Contará coas intervencións de Felipe Nieto, concelleiro do BNG en Meira, a deputada por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, e o consultor enerxético, Xosé Manuel Golpe.

Dentro da campaña Nin Espolio, Nin Depredación. Enerxía eólica no sustentábel, xusta e galega a organización frontista denuncia o boom eólico que se está a producir no noso país, o que conta co beneplácito dos gobernos tanto da Xunta de Galiza como do Estado en favor dos intereses das grandes empresas do oligopolio eléctrico. Meira atópase afectada pola posíbel construción de diferentes parques eólicos, no que actualmente o que está máis avanzado é o proxecto Borrallos-Monzón-Ventisca.

O BNG trasladará a súa aposta por un modelo galego coa aplicación de medidas positivas para as galegas e galegos, como a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega que baixe o custe do recibo da luz. Tamén, aplicar novos criterios de participación neste tipo de infraestruturas coa sociedade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.