A Plataforma Os Mallos Unidos convocan unha concentración en María Pita o día 7 de novembro ás 12:00

Desde a Plataforma Os Mallos Unidos convocan unha concentración pacífica en María Pita en o día 7 de novembro ás 12:00  para reivindicar unha vez máis ao governo municipal que se teñan en conta os problemas máis acuciantes e graves que afectan ao  barrio coruñés e poñan medidas efectivas e claras dunha vez por todas como din no comunicado.

Dende a plataforma din que «estamos fartos de promesas vacías, de presentacións no noso Centro Cívico dunha policía comunitaria que nunca chegamos a ver patrullar nin de paisano, pois se estiveran aínda que fose camuflados, veríamos diminuír os actos delictivos e non é así».
Os puntos que reclaman dende a plataforma con urxencia son os seguintes:
– OKUPACIÓN: Que as palabras do Concelleiro Lage Tuñas no pleno e as da propia alcaldesa, Inés Rey, para a radio sobre a okupación: «imos ser implacables contra a okupación«, «imos ter tolerancia cero coa okupación» empecen a ser feitos e non só palabras. Comprendemos que é un tema complicado pero levamos moito tempo denunciando esta situación sen ver nin un ápice de solventar o tema. Somos os veciños os que, unha vez máis, vimos de frustrar hai menos de dez días unha nova okupación na Avda. dos Mallos. Nesa mesma semana, na rúa Diego Delicado, tivemos que soportar unha pelexa violenta entre okupas que se botan uns a outros dun baixo que non pertence a ningún deles sobre as 12:00 da mañá, sen que a policía faga nada máis que petar na porta ao acudir. Que ten que pasar para que isto teña remedio?
 – DELINCUENCIA: Os hurtos e intentos de hurtos (de novo frustrados en moitas ocasións pola colaboración entre veciños) suceden todas as semanas. Róubanse carteiras, móbiles, cartos ao saír dos bancos, paquetes e outros enseres dos camións de reparto mentres estes fan o seu traballo…..Sabemos que o aumento de delincuencia non se sinte só no noso barrio, e por iso desta vez non nos manifestaremos sos; como explicaremos máis adiante. Non temos «sensacións de inseguridade«, vivimos inseguros de forma real. Non entendemos como nós podemos aportar datos que nos pasan os veciños ou vivimos en primeira persoa todas as semanas nas redes sociais, e que, por exemplo, o Subdelegado do Governo en Galicia José Miñones teña o atrevemento de dicir que temos unha «perspectiva subxectiva da perigosidade»  das nosas rúas baseado nas cifras. Convidamos ás autoridades a vir pasear todos os días, a vivir nas nosas casas, a coñecer o barrio desde o barrio e non desde as butacas das oficinas. Veñan comprobar as cifras no día a día, coñezan aos seus veciños e veciñas. Pedimos que a Policía Comunitaria e de Proximidade fagan patrullas a pé polo barrio. Que se dote a estes corpos dos efectivos necesarios, ofertando prazas cunha taxa de reposición que responda ás necesidades reais, non só do noso barrio, senón da cidade da Coruña.
– AUMENTO DO TRÁFICO DE DROGAS, NARCOPISOS E CONSUMO EN VÍA PÚBLICA. O trapicheo no barrio dos Mallos volveuse tan normal como ir mercar unha barra de pan. Todos os veciños sabemos onde se producen as ventas, moitas veces na propia rúa, soportais, trasteiros, galerías e por suposto, en moitos dos inmobles okupados por xente ben organizada que montan neles os «seus negocios» de compra-venda por onde discurre xente de todo tipo a diferentes horas do día na busca do menudeo. Tanto o Concello como as forzas de seguridade coñecen os puntos aos que nos referimos, sen embargo seguen sen facerse redadas, sen involucrar aos servizos sociais de forma efectiva, sen poñerse un dispositivo en marcha que solvente o problema na zona dunha vez por todas. Están a prexudicarse a nosa xuventude e os nosos nenos e nenas que ven como os drogodependentes consumen en vía pública e limpan xiringas nunha fonte pública atentando contra a sanidade de todos.
ILUMINACIÓN ESCASA E DEFICIENTE: Levamos esperando unha mellora no barrio que ía ser acometida en xaneiro de 2021 e que, chegando xa a finais do ano segue sen se ter feito nada. Pedimos máis intensidade lumínica, luces brancas e non amarelas, sostibles para coidar o medio pero que á vez den a luz necesaria para poder ver ao pasar polas rúas. A xente do noso barrio teme baixar coa escuridade pois isto beneficia aos delincuentes nas súas accións. Como consecuencia, non hai tanta vida nos comercios que, en moitas ocasións, prefiren cerrar a perder cartos coas tendas abertas e sen xente; máis aínda  co ambiente de seguridade que se respira. O barrio morrerá sen xente e comerciantes seguros. A luz é imprescindible para que non só se palíen as necesidades básicas de visibilidade senón tamén contribúa a disminuir a inseguridade e o medo a transitar polo barrio ás horas máis tardías especialmente agora co horario de inverno.
 LIMPEZA E SERVIZOS BÁSICOS DE MANTEMENTO: Hai moitos meses, anos, que non vemos pasar os camións de limpeza de rúas e beirarrúas, baldeado, limpeza de contedores. Moitas veces, os delincuentes e certos okupas fan as súas necesidades nas rúas. Como dicíamos antes, os drogodependentes non só limpan os seus utensilios nas fontes públicas senón que deixan tiradas xiringas usadas en diferentes puntos do barrio. A vexetación invade as rúas e non vemos mantemento en zonas de tránsito (un exemplo a beirrarúa fronte o centro de saúde na Avenida de Arteixo, na mesma avda. pero no outro sentido fronte o centro cívico ou fronte o polideportivo por nomear só algúns). Aparecen ratas nas rúas e comercios. Hai un baixo en Diego Delicado no nº 7, ata arriba de basura (a súa dona padece unha enfermidade) e está notificado ao Concello porque, aparte da insalubridade que xera, hai un transformador de electricidade a escasos metros e como un día plante lume a basura acumulada pode haber unha desgraza. Nin Concello nin servizos sociais viñeron tomar medidas. Son coñecedores desde polo menos setembro nunha reunión coa Concelleira de Barrios e o Xefe de Gabinete, e a través de chamadas ao 010.
E lonxe de querer estigmatizar os Mallos, dende a plataforma tamñen queren protexer e devolver a súa dignidade, e se presentarán en María Pita o día 7 de novembro secundados por sete AAVV da Coruña; que comprenden e apoian as reivindicacións da plataforma: 
  • Asociación de Veciños da Cidade Vella «María Pita»
  • Asociación de Vecinos Gaiteira – Fátima
  • Asociación de Vecinos Ensenada del Orzán
  • Asociación de Veciños Loureiro de Visma
  • Asociación de Vecinos y Comerciantes Los Rosales
  • Asociación de Vecinos de Matogrande
  • Asociación Vecinal Elviña 2 Fases.

Ese día, lerase un manifesto firmado por representantes das 8 asociacións e plataforma que chamamos á veciñanza a reclamar accións inmediatas e de xustiza para o barrio sen que sexa en detrimento de ningún outro barrio ou zona da cidade. Pedimos  xustiza para os veciños que pagamos os mesmos impostos e temos as mesmas obrigas e dereitos que o resto de cidadáns deste Concello. Este mesmo manifesto será levado a Rexistro para que o Concello teña constancia formal das nosas peticións.

Como toda acción levada a cabo pola nosa plataforma:
  1. Ten carácter pacífico
  2. Non se permite propaganda nin apoloxía de ningunha cor política
  3. Queda prohibido o uso da pirotecnia
  4. Cumprirase a normativa sanitaria vixente na Comunidade Autónoma.
  5. Obedeceranse as indicacións das Forzas e Corpos de Seguridade

Foto. @EloyTP

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.