A Plataforma Sanitaria da Mariña apoia a manifestación convocada polos Sindicatos para exixir «Futuro para A Mariña»

A Plataforma Sanitaria da Mariña apoia e adhírese a manifestación convocada polos tres sindicatos maioritarios  baixo o lema “ Futuro para A Mariña”, que o vindeiro domingo 17 de outubro sairá ás 12 horas da Cruz Vermella de Viveiro.

O motivo desta movilización é esixir que as administracións públicas poñan freo á sangría económica e laboral que esta a sufrir a comarca e que conducen indefectiblemente á desertización industrial da Mariña.

Desde a Plataforma animamos a todas as veciñas e veciños da Mariña a que saian de xeito masivo á rúa, para volver a reclamar as demandas non atendidas durante anos e que se materializaron nunha manifestación multitudinaria, que percorreu as rúas de Burela en xuño do ano pasado. Este colectivo acredita en que a loita sen tregua é a única forma de lograr cambios , e por iso “ chamamos a toda a poboación desta comarca a encher as rúas de Viveiro o próximo domingo para, nunha soa voz , reclamar das administración públicas o mantemento dos postos de traballo, da industria e dos servizos públicos, ao tempo que se dota a este territorio dunhas infraestruturas dignas do século no que nos atopamos”- conclúe Montse Porteiro,  coordinadora do colectivo sanitario.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.