A selección Galega Sub16 de atletismo desprázase ao nacional de Cuenca

Un total de 34 atletas serán quenes integren a Selección Galega Sub16 que esta fin de semana tomará parte no Campionato de España do CSD de Seleccións Autonómicas que se desenvolverá na cidade manchega de Cuenca e que regresa logo do parón do ano pasado

O campionato desenvolverase en xornada de sábado e domingo e poderá ser seguido por retransmisión en directo a partir das 16.15 horas do sábado.

No que atinxe a selección galega, ca incorporación nos últimos días de Elías Kelin, Marina Pérez, Alejandro Villaverde e os/as relevistas dos 4×100 e 4×300, péchase unha importante selección na que destaca a presenza das campioas de España Sub16 do pasado mes de xullo en Lleida,  Xela Martínez da Atlética Lucense quen tomará parte na proba dos 3.000 m. e  Antía Pernas do Lucus Caixa Rural Galega quen o fará sobre a proba de velocidade dos 100 m. De igual modo tamén están seleccionadas as medallistas no citado campionato Gema Dacosta do Vila de Cangas en Peso; Alicia Barreiro do Ría Ferrol nos 600 m. e de Lisa Vosberg do AVA no concurso de Pértega.

A Silva, Narón, Marineda e Millaraio, clasificados para disputar o Nacional de clubs Sub14

Noutra orde de cousas, os equipos de Atlética A Silva e Atletismo Narón na categoría feminina e o Marineda Atlético e A. Millaraio na masculina, clasificáronse para tomar parte no Campionato de España Sub14 por clubs.
Se desenvolverá o vindeiro día 16 e 17 na cidade asturiana de Gijón e que xuntará a un total de 59 formacións clasificadas por estadillo e achegadas de todas as Comunidades Autónomas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.