A veciñanza demanda un tramo de beirarrúas na estrada que une Veigue con Sada

Alternativa dos Veciños de Sada comunicou en varias ocasións ao Concello a necesidade de axilizar coa máxima urxencia os trámites necesarios para que a Xunta de Galicia poida acometer estas obras. É unha das grandes demandas da veciñanza da zona para mellorar a seguridade viaria

Os veciños e veciñas de Veigue  levan anos  solicitando o tramo de beirarrúas que falta na estrada xeral que une Veigue con Sada, a AC-163.

Trátase dunha zona con moito tránsito de coches, ciclistas e peóns, o que a fai moi perigosa debido a que, a miúdo, as herbas invaden a estrada impedindo que os peóns nin poidan meterse  nas cunetas e teñan que andar pola calzada, co elevado risco de atropelos que iso supón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.