Abertas as inscricións á Escola Municipal de Teatro de Vilalba para todas as idades

O Concello de Vilalba anuncia o inicio da actividade da Escola Municipal de Teatro de Vilalba para este curso. A actividade de teatro comezará o vindeiro 21 de outubro e rematará o 30 de xuño de 2022

O Concello de Vilalba dá continuidade á escola, un espazo que contribúe a desenvolver a creatividade e as habilidades de expresión das persoas.

Os participantes estarán divididos en tres grupos en función da súa idade e todos os grupos realizarán a actividade no Auditorio Municipal. Dunha banda, o grupo infantil (nados/as entre o 2015 e o 2011) asistirá de 18:00 a 19:00 os xoves. Doutra banda, o grupo xuvenil (nados/as entre 2010 e 2005) terá a súa clase os xoves de 19:15 a 20:45. Por último, o grupo de adultos diríxese a maiores de 16 anos que asistirán a clase o xoves de 21:00 a 22:30.

O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro mércores 20 de outubro. A inscrición realizarase a través da sede electrónica do Concello de Vilalba e só en casos excepcionais aceptaranse inscricións a través do Rexistro do Concello.

Establécense 25 prazas en cada grupo, procedendo ao sorteo aleatorio en caso de que as solicitudes superen a oferta de prazas. As persoas que non obteñan praza pasarán á lista de espera. Darase sempre preferencia ás persoas empadroadas en Vilalba.

Está previsto que a actividade se inicie o xoves 21 de outubro coa presentación dos grupos. Durante o desenvolvemento das sesións, seguiranse os protocolos COVID-19 establecidos polas autoridades sanitarias en cada momento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.