Alternativa de Sada lamenta non poder abordar a mellora do acceso ao Centro de Saúde

Alternativa dos Veciños de Sada, desde a Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, tiña previsto contratar este ano a reforma das varandas exteriores do Centro de Saúde. Finalmente non se poderán levar a cabo xa que realizouse unha modificación de crédito por decreto de alcaldía deixando o orzamento da Concellería practicamente a cero.

“Tratábase dun cambio para dotar de maior seguridade ás pasarelas exteriores, así como mellorar a estética e funcionalidade utilizando aceiro galvanizado, máis resistente ante  inclemencias meteorolóxicas e usos continuos”, comentou o concelleiro de Alternativa Breogán Blanco.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.