Avanza a renovación do mobiliario urbano en Lugo

A Brigada Municipal de Obras realizou hoxe traballos de mantemento e renovación no mobiliario urbano na praza Anxo Fernández Gómez

O concelleiro de Infraestruturas explicou que «trátase de accións simples que se poden realizar en pouco tempo e que melloran enormemente a imaxe da cidade».

«A brigada realiza unha importante labor de reparación nas distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade», explicou Alexandre Penas. Coa brigada, o concello de Lugo e a concellería de Infraestruturas urbanas traballan para garantir as boas condicións de distintos servizos públicos e melloran a calidade de vida e o benestar da veciñanza. «É importante lembrar a importancia da brigada de obras, que permite facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloran a calidade de vida das veciñas e veciños», declarou Alexandre Penas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.