Comeza a Superdivisión de tenis de mesa para o Arteal

O Arteal SD Compostela de Súperdivisión comeza a tempada cun derbi galego de máxima rivalidade. Será mañá ás 19.00 horas ante o potente equipo do Monteporreiro. O partido disputarase nas instalacións do Estadio Vero Boquete e a entrada será de balde para todo o público que o desexe

Ambos conxuntos chegan con novidades nos planteis, sendo a mais notable a contratación, por parte do Arteal, do xogador portugués André Silva, quen militaba precisamente no seu rival deste xoves na pasada tempada. Este será un aliciente máis para un duelo que se presenta apaixonante e moi igualado, onde todo pode suceder.

Asemade, o resto das Ligas tamén darán comezo esta fin de semana, onde a SD Compostela de Tenis de Mesa contará con seis equipos nas diferentes categorías, dende a 2ª Nacional ata a 2ª Galega.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.