Comezan as obras da senda ciclable de Cecebre que ampliará a Rede Ciclista Metropolitana da Coruña

Valentín González Formoso destacou a “aposta da Deputación para promover un novo modelo de mobilidade sostible, comprometido coa transición ecolóxica e que supón unha fórmula de dinamización no ámbito turístico e socioeconómico”

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, xunto co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, presentou esta mañá a ampliación da Rede Ciclista Metropolitana, que percorrerá a contorna do encoro de Cecebre, espazo natural de referencia na provincia, e chegará aos concellos menos poboados e máis afastados da redecomo son Bergondo, Abegondo, Carral e Betanzos.

Formoso e Miñones, acompañados de alcaldesas, alcaldes e edís dos concellos de Bergondo, Carral, Betanzos, Cambre e Abegondo acudiron esta mañá a Carral, onde acaban de comezar as obras do primeiro tramo para crear este novo itinerario ciclable. A actuación está cofinanciada nun 80% con fondos europeos FEDER a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía  (IDAE), e o seu presuposto ascende a 2 millóns de euros.

A senda supón a ampliación da rede ciclista metropolitana e incardínase na aposta da Deputación para promover un novo modelo de mobilidade sostibleque ten, por unha banda, un compromiso coa transición ecolóxica, e por outra,supón unha fórmula de dinamización dos territorios polos que pasa no ámbito turístico e socioeconómico”, argumentou o presidente provincial.

130 novos quilómetros de vías ciclistas en 19 concellos da provincia

Os diferentes proxectos impulsados pola Deputación da Coruña neste eido supoñen un investimento global de máis de 9 millóns de euros, que permitirán crear 130 novos quilómetros de vías ciclistas en 19 concellos da provincia. Destes 9 millóns de euros, 7,2 proveñen de fondos FEDER a través das axudas que convoca o IDAE para proxectos de economía baixa en carbono en concellos de menos de 20.000 habitantes e os restantes 1,8 millóns son financiados con fondos propios da Deputación da Coruña.

O delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, puxo en relevo a colaboración institucional para levar a cabo o proxecto. “Concellos, Deputación e Goberno sumamos sete administracions distintas que fomos quen de poñernos de acordo e establecer unha cooperacion máxima para poñer servizos á disposición da cidadanía”. Miñones solicitou ademais á Xunta “que se sume aos compromisos de transición ecoloxica, de mobilidade sostible e de apoio aos concellos”. Pola súa banda, González Formoso agradeceu a implicación dos Concellos polos que transcorre esta senda.

Unha senda por un espazo natural de referencia na provincia

A raíz dun estudo realizado pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, apostouse pola continuación do carril metropolitano, que ten o seu fin, despois de percorrer a vía ciclista do Burgo, ao pé do encoro de Cecebre.

Partindo dese punto, con sendas que utilizan camiños públicos como base, crearanse arredor de 30 quilómetrosde senda ciclable que bordeará o encoro de Cecebre. Desde aquí sairá un ramal para Guísamo e outro que aproveita o Val do Barcés para chegar a Carral, transcorrendo por núcleos de poboación de Abegondo, como Sarandóns, e pasando por lugares como a contorna do Pazo de Macenda, a ETAP de Cañás, o Observatorio de Aves de Crendes ou o monumento aos Mártires de Carral.

O caso de Betanzos, no que a vía se adentrará só na parroquia de Piadela, será obxecto de posteriores estudos de ampliación atendendo ás características orográficas e de ordenación.

Aposta provincial por un novo modelo de mobilidade sostible

A Deputación da Coruña configurou o Plan Director de Mobilidade Ciclista, co que aposta por un cambio de modelo de transporte baseado na mobilidade sostible que teña a bibicleta como principal protagonista. Un compromiso que non queda limitado ás grandes cidades da provincia e a súa área metropolitana, senón que pretende chegar ao rural, vertebrando o territorio.

A través deste plan, o ente provincial dótase dunha ferramenta de planificación e deseño que permitirá desenvolver medidas por unha mobilidade máis sostible, respectuosa co medio ambiente e enerxeticamente máis eficiente. A Deputación presentou a través deste Plan varios proxectos ás axudas que convoca o IDAE, con iniciativas singulares comaesta ruta ciclista na contona do encoro de Cecebre; a creación da primeira Vía Verde da provincia, que conectará Santiago e Cerceda, ou a construción de sendas ciclables en 11 faros da zona das comarcas de Ferrolterra-Ortegal, Costa da Morte e ría de Muros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.