Conta atrás para O Son dos Arrieiros

A Estrada acollerá a vindeira fin de semana a primeira edición do festival cun cartel 100% galego que acada xa o 75% de vendas para o sábado

A Estrada, 22 de outubro de 2021.- O venres 29 e o sábado 30 de outubro, o Pavillón 5 da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada acollerá a primeira edición de O Son dos Arrieiros. Un evento caracterizado por contar cun elenco 100% galego pretendendo amosar que é posible formular propostas de éxito en clave territorial.

Novedades Carminha, Bala, Agoraphobia, Terbutalina, Señora DJ ou Heredeiros da Crus, que ofrecerán o seu único concerto en formato eléctrico do 2021, pasarán polo escenario do recinto, convertido nunha gran salón de concertos para a ocasión e que contará con servicio de barra e restauración para os asistentes.

Ademáis, atendendo á lexislación actual e grazas a boa evolución da pandemia, preséntase como o primeiro festival de mediano formato en interior que se celebra con público de pé desde marzo do 2020 en Galicia.

Paralelamente, o Concello da Estrada, en colaboración coa Xunta de Galicia, presentou unha programación complementaria que conta coa presenza de teatro por parte do grupo de animación Troula, arte urbana co artista Asten do colectivo estradense Ocionautas e música con artistas como Los Rastreadores, Plan Siberia e Igloo.

O Camiño dos Arrieiros, nome co que nace a proposta, colabora tamén coa hostalaría da vila coa intención de enriquecer a experiencia dos asistentes prolongando a súa estadía e fortalecendo a actividade económica da mesma.

Atendendo á boa acollida dos festival, que acada xa unhas vendas do 50% o venres e do 75% o sábado, a organización porá a disposición do público un servizo de autobús que conecta Santiago de Compostela coa Estrada por un prezo de 7€ ida e volta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.