CUAC FM comezou a súa 26ª tempada en antena

A emisora emite dende o Campus da Zapateira dende 1996. Son xa 478 os programas diferentes feitos pola cidadanía neses máis de 25 anos nas ondas

Co mes de outubro deu comezo unha nova tempada da Radio Comunitaria de A Coruña, CUAC FM. E xa van 26 dende que en 1996 se inaugurase a emisora que emite no 103.4 do dial dende o Campus de A Zapateira. Este ano tería que terse celebrado por todo o alto no mes de marzo o seu 25º Aniversario pero a pandemia obligou a aprazar as celebracións, que non a suspendelas.

Durante os primeiros días do mes incorpóranse programas novos como son Vellenials, un espazo de humor, e tamén Fanzine Radio, con Roi Grobas, Pablo Cubeiro e Iván Pérez, adicado á música electrónica. E retoman as súas emisións a maioría dos espazos que aproveitan o verán para cargar enerxía e renovar contidos, xa que compre lembrar que toda a emisión é realizada por voluntarias e voluntarios que teñen a comunicación como unha das suas afeccións nas que volcan os seus coñecementos.

Cabe destacar a presenza do programa Radio 50ypico, un proxecto da Federación Galega de Universidades Senior que une as voces de estudantes das universidades senior de seis campus galegos grazas á tecnoloxía desenvolvida durante a pandemia para poder emitir cada persoa dende as súas casas. Comezan a súa segunda tempada tras realizar 34 emisións o pasado curso. Tamén continúa Radio Senior, programa elaborado por estudantes da Universidade Senior de A Coruña.

A variedade de voces e de temáticas é unha das principais características de CUAC FM. Programas adicados ás series de TV, como é Spoiler, ou á cultura galega dende o espazo da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Recendo, que está a piques de chegar ás 400 emisións. Tamén se poden disfrutar programas musicais especializados como CuaK’n’roll, Orión, Turbulencias… que ofrecen nos seus espazos as voces de músicos emerxentes e outros xa consolidados. Non podemos esquecer a La Ciencia es Femenino, dirixido por Ariana Fernández Palomo que da voz ás mulleres científicas e a Minority Sports que sae continuamente a contar qué sucede nos deportes menos difundidos.

Para mellorar a oferta de radio durante os sete días da semana, incorpóranse programas externos que xa levan anos na nosa grella como Ábrete de Orellas, Carne Cruda, La Cafetera e novidades capturadas das emisións de podcast galegos que aportan calidade e variedade: Valea Bermella, sobre ciencia, As Womanplainers (señoras que explican cousas) e Fora de Mapa, que fala sobre as minorías menos visibles que existen en Europa, entre outros.

A emisora prepara para o mes de novembro unhas xornadas sobre medios comunitarios, está en fase de valoración das máis de 80 bandas que se presentaron aos XXIII Concurso de Bandas e solistas CUAC FM que conta co financiamento da Deputación da Coruña e do Concello de A Coruña, ademáis de preparar para estrear en 2022 un documental que conte a historia destes 25 anos de loita por unha licenza, de radio en liberdade, de aprendizaxe continuo e de moitas amizades creadas ao longo dos anos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.