Diana Sieira estrea a súa obra “The Witch” este venres no Fórum Metropolitano de A Coruña

A actriz de Boiro, afincada en A Coruña, ten experiencia como monologuista, presentadora de TV (Luar) e noutras obras teatrais. Esta é a súa primeira creación propia. A obra comeza ás 20:30 horas e as entradas, como o nome do ciclo indica, non están numeradas. O prezo das entradas é de 9€ para o público en xeral e de 7€ para desempregados, estudantes e xubilados
The Witch cóntanos a historia dunha das miles de mulleres acusadas por bruxería na Idade Media. A través dunha dramaturxia fragmentada veremos á actriz que nos relata desde a comedia e a farsa a historia da caza de bruxas; á menciñeira ocupadaentre plantas e ungüentos; e á muller encarcerada que se enfronta a un xuízo do que non sabe como sairá parada.
Mentres, o público, a modo de xogo, realiza pequenos rituales desde a súa butaca. Para cando chegue o final poderá responder: ¿Queremos queimar á bruxa ou desexamos a súa liberación?
A equipa artística e técnica que fan posible a obra é fundamental para esta obra que pretende ser un ritual para os espectadores.
FICHA ARTÍSTICA
Diana Sieira – Creación e interpretación
Manuel Lourenzo e Marita Martínez. – Voces en off
Natalia Pajarito – Asistencia de dirección
Germán Gundín – Iluminación / Técnico en xira
Isa Vila – Videocreación e gráfica
Ezra Moreno – Escenografía
Anahí Taraburelli – Vestiario
Nacho Martín – Espazo sonoro
Iván Castro – Foto
Dezdedez – Contratación e xestión