Ecoloxistas en Acción convoca un curso online sobre os impactos da minaría en Galicia

O recoñecido hidrólogo Steven Emerman impartirá un primeiro seminario o 17 de outubro no que se abordarán os riscos destes proxectos para a vida das persoas e para o medio ambiente. A través desta actividade, Ecoloxistas en Acción quere combater a falta de transparencia da Xunta en relación aos proxectos mineiros en Galicia e alertar sobre os seus riscos

Ante a constante falta de transparencia da Xunta de Galicia en relación cos proxectos mineiros contaminantes do país, Ecoloxistas en Acción inicia un ciclo de formación especializada aberta ao público sobre os riscos e impactos das explotacións mineiras, de xeito que a cidadanía poida comprender mellor os proxectos que se están a tramitar, identificar as súas deficiencias e denunciar os incumprimentos.

O primeiro dos seminarios celebrarase de xeito virtual o domingo 17 de outubro, de 5 a 8 da tarde, e estará enfocado nos riscos ambientais e para a vida das persoas das instalacións de residuos mineiros, abordando casos concretos da Galiza (Touro, San Finx, Penouta, Monte Neme) como da península ibérica (Rio Tinto en Huelva, Covas do Barroso en Portugal). O acceso é libre e aberto a todo o público (https://meet.jit.si/AlgoSeEsconde).

O Dr. Emerman é un recoñecido consultor internacional en hidroloxía e especialista na avaliación da afectación ambiental das explotacións mineiras. É Doutor en Xeofísica pola Universidade de Cornell, Máster en Xeofísica pola Universidade de Princeton e Licenciado en Matemáticas pola Universidade Estatal de Ohio. Profesor xubilado con máis de 30 anos de experiencia no ensino universitario de hidroloxía e xeofísica e 66 publicacións científicas na materia, actualmente continúa exercendo como consultor independente traballando tanto para  empresas mineiras e organismos públicos como para organizacións non-gobernamentais.

Na Galiza, o Dr. Emerman é coñecido polos seus informes técnicos sobre o proxecto da mina de Touro e sobre a mina “San Finx” (Lousame), que en ambos casos levantaron polémica por desautorizar as pretensións desas empresas, que viñan amparadas por investigadores como o profesor emérito Felipe Macías, igualmente vinculado á trama empresarial da mina de Touro.

Contidos do curso:

  1. Introducción ao impacto ambiental da minaría
  2. Conceptos básicos: drenaxes ácidos de mina e tipoloxía de instalacións de residuos
  3. Propiedades dos relaves mineiros
  4. Técnicas de construción de presas de relaves
  5. Causas de fallas de presas de relaves
  6. Como previr as fallas de presas de relaves?
  7. Propiedades e impacto das drenaxes ácidas de mina
  8. As drenaxes ácidas de mina na minaría subterránea e a ceo aberto
  9. Como previr as drenaxes ácidas de mina?
  10. Casos de estudo da Península Ibérica

Ecoloxistas en Acción

Ecologistas en Acción é unha confederación de máis de 300 grupos ecoloxistas distribuídos por cidades, vilas e aldeas de todo o Estado español. Ecoloxistas en Acción Galiza é a federación da entidade nesta comunidade autónoma.

Para avanzar na transformación do modelo de consumo e enfrontar os problemas medioambientais causados pola globalización, realizan campañas de sensibilización, denuncias públicas ou legais contra aquelas actuacións que danan o medio ambiente, ao tempo que elaboran e promoven alternativas concretas e viables de xestión sostíble dos recursos.

2 comentarios

  • Linterna

    El Emerman dando un curso de minería?!?!?! JAJAJAJ a ver si tiene valor de debatir en público con alguien que de verdad sepa de minería y gestión ambiental… a que no es capaz??? ahora, ante una audiencia indocumentada se pone muy gallito el supuesto experto-fantasma…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.