Escola Lubiáns debutou na OK Liga Bronce conunha victoria ante o Oviedo Roller HC: 5-4

Pavillón cheo ata a bandeira! 200 persoas animando ata o final! Victoria ante a afección! E emoción ata o último intre! Non se pode pedir máis para este inicio de Ok Liga Bronce!!

Partido que comezaria adiantando no marcador Mikel Abeal ós 5 minutos de partido tras unha xogada individual dende o fondo, na que nada puido facer a defensa asturiana. Pelayo Aspra, un dos xogadores máis destacados do equipo rival poñería o empate 1 tras unha contra rápida e posteriormente de novo Mikel Abeal poñía ó Lubiáns por diante no marcador antes do descanso, nun partido que estaba sendo moi competido e igualado con moitas ocasións para os dous equipos.

Ó comezo da Segunda parte, un penalti provocado por unha internada de Eudald Cañete sería transformado por Mikel. Chegarían uns minutos no que o Lubiáns viuse afectado por varias decisións arbitrais nas que o colexiado penalizou ata 4 faltas directas en contra que Diego García soubo detener e manter a raia ó conxunto asturiano e que serían clave e moi importante para o resultado final.

Pelayo Aspra acortaba distancias cun remate polo aire. Faltaban 5 minutos e o Lubiáns gañaba por 1 gol. Foron os minutos nos que o equipo asturiano subía a presión en defensa para tratar de robar bolas e que primeiro Mikel de penalti e depois Manu cun golazo de chut aproveitaton os espacios baleiros para poñer 3 arriba o Lubiáns.

Pero o partido non rematara, o hóckey é u deporte espectacular no qure todo pode acontecer en cuestións de segundos, Cristóbal Fernandez-Vigil de penalti e de novo Pelayo Aspra recortaban as distancias e os últimos 2 minutos o equipo sufrío a presión do Oviedo Roller que se lanzaba a polo partido con todo. O Escola Lubiáns soubo facer fronte a presión e incluso xenerou ocasións para marcar que non puideron finalizar en gol. Finalmente unha falta provocada polos rivais a falta de 12 segundos suporía a décima falta de equipo, falta de equipo a favor, que executaría Marcos Martinez e non sería quen de realizar, pero o partido xa estaba rematado. Final no Carballo Calero. 5 4 para os locais. Emocionante ata o final. Isto é hockey! Espectáculo puro!

Escola Lubiáns: Pablo; Steven, Mikel, Manu, Endald – inicial- Marcos, Fabián, Diego, Ismael y Samu (meta).
Oviedo Roller: Marcos; Cristóbal, Mikel, Pelayo Aspra, Pelayo Álvarez -inicial- Ángel, Mier, Diego y Aitor (meta).
Árbitro: Francisco José Martínez Suárez.
Goles: 2-0, Mikel; 2-0, Mikel; 3[, Cristobal; 3-1, Mikel; 4-2, Mikel; 4-2, Pelayo Aspra; 5-2, Manu; 5-3, Pelayo Aspra; 5-4, Pelayo Aspra
Incidencias: Boa entrada no pavillón Carballo Calero, con 200 afeccionados, que animaron ata o final ao equipo de Jorge Lamas, “Cholo”

Moitas grazas por estar ahí! E parabéns a @oviedorollerhc polo seu partidazo! Sorte para a tempada, que será larga e moi competida!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.