EUROPE DIRECT A Coruña organiza o seminario online ‘Traballar nas institucións europeas’

Trátase dun seminario sobre a presentación de candidaturas aos procesos de selección de persoal na UE

O centro EUROPE DIRECT A Coruña organiza un seminario de formación online sobre as opcións e os procesos para comezar unha carreira laboral nas institucións da Unión Europea. O curso permitirá coñecer as oportunidades de prácticas e de oposicións que ofrece a UE e abordará de maneira práctica tanto como elaborar unha candidatura aos procesos de selección como o proceso de probas que implica unha oposición nas institucións europeas.

O obxectivo do curso, que ten prazas limitadas, é dar a coñecer as saídas profesionais que ofrece a Unión Europea á cidadanía e fomentar a presenza e participación da mocidade galega nos órganos de goberno comunitarios.

O seminario terá dúas sesións no mes de novembro, unha o día 9 e outra o día 16. Comezarán ás 09.30 e terán unha duración de dúas horas. A primeira delas estará adicada a coñecer as variadas opcións de prácticas que abren as institucións da UE en diferentes momentos do ano e como elaborar e presentar unha candidatura. Na segunda xornada, o foco estará posto nas probas de acceso para traballar na UE que organiza EPSO, a oficina de selección de persoal europeo. Revisaranse as tres fases das probas: o test de preselección, a fase intermedia e o assessment centre.

A formación terá un enfoque práctico e facilitará as persoas participantes materiais didácticos, exercicios, dinámicas de grupos e acceso a tres simulacros de exame a través dunha plataforma.

A inscrición para o seminario está xa aberta e remata o día 8 de novembro ás 13 horas. Pódese consultar máis información e acceder ao formulario de rexistro na web.

Para información complementaria, pódese contactar tamén a través do email, ou ben no número de teléfono 981 080 331.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.