Gonzalo Caballero inicia a recta final da campaña de Primarias: «Pido un apoio masivo da militancia porque Galicia merece un PSdeG gañador»

Gonzalo Caballero inicia a recta final da campaña de primarias con sendos encontros coa militancia socialista en Cangas e na cidade da Coruña.

Nestes actos, Gonzalo Caballero pediu aos compañeiros e compañeiras «un apoio masivo» o vindeiro sábado «porque Galicia merece un PSdeG gañador».

«Imos encher as urnas de ilusión», proclamou o socialista, quen chamou a votar «en liberdade» e «pensando no mellor para o noso partido, que será o mellor para Galicia».

«Para avanzar e non retroceder», remarcou Gonzalo Caballero, apelando así a «impulsar un PSdeG forte, de esquerdas, feminista, ecoloxista e galeguista» e que é «a alternativa gañadora ao PP en Galicia».

Neste senso, Gonzalo Caballero subliñou que o seu proxecto está concibido «para gañar dentro, coa militancia, para gañar fóra, coa cidadanía galega.

Asemade, o socialista valorou «a ilusión e o apoio crecente» que atopa na militancia de base, «a verdadeira protagonista» destas primarias; ao tempo que atribuíu ao «nerviosismo» do outro candidato o feito de que «utilice argumentos máis propios do PP» na súa campaña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.