Gonzalo Caballero visita a mostra do encaixe de Camariñas, «a referencia para o mundo da mellor artesanía e tradición local»

O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas xunto á alcaldesa, Sandra Ínsua, e á concelleira de Encaixe, Encarna Liñares.

Dende alí, o voceiro socialista puxo en valor o encaixe como unha actividade “de referencia” que “dá posibilidades de futuro» á vila, así como «crecemento económico” aos municipios da contorna.

“Trasladamos todo o apoio das e dos socialistas galegos para que a mostra continúe sendo unha referencia da artesanía e da tradición local”, subliñou Gonzalo Caballero.

Neste senso, sinalou a importancia de que esta tradición continúe no tempo, xa que “é un xeito de construír país” e amosou “o noso compromiso coa cultura galega e cunha tradición cun enorme arraigo” que é recoñecida nacional e internacionalmente.

Por último, Gonzalo Caballero trasladou os seus parabéns á organización e ás palilleiras no ano no que cumpren trinta edicións celebrando a mostra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.