I Congreso de Diversidade afectivo-sexual na literatura o vindeiro 9 de outubro

Este sábado, terá lugar no Centro Ágora de A Coruña, o I Congreso de Diversidade Afectivo-Sexual na literatura, un evento que se estreou cunha calurosa acollida e que está a piques de colgar o cartel de ‘convites esgotados’.

A xornada comezará así ás 11.00 horas cunha presentación dos eventos a cargo do presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez; a responsable de Les Coruña, Sandra López, e a concelleira Yoya Neira, que dará paso, ás 11.15 horas, ao Club Queer de lectura das Bibliotecas Municipais, que introducirá Bárbara G. Vilariño e onde participarán Sara Castillo, Noelia Fernández, Pablo Otero e Diego Masedacoordinador en QUEERuña, o primero clube de lectura queer de Galicia.

Ás 12.30 horas, catro expertas como Beatriz MacedaEli RíosMaría Rosendo e Eva Mejuto abordarán xunto coa moderadora Bárbara G. Vilariño ‘Cinco olladas sobre a diversidade sexual na literatura infantil e xuvenil, na poesía e na novela para persoas adultas’.

Xa pola tarde, terá lugar ás 17.00 horas ‘Dinamitar as marxes. A representación da diversidade afectivo-sexual na literatura’, na que participarán Daniel AsoreyNee BarrosBrigitte Vasallo e Andrea Nunes, da man da moderadora Bárbara G. Vilariño, e unha introdución de Sandra López.

Durante todo o día, haberá unha representación da libraría Berbiriana, que porá á venda unha selección das obras das relatoras que asistirán ao evento.

Todavía quedan algunhas vacantes que poden reservarse a través do correo de Les Coruña indicando nome e número de teléfono.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.